xoves, 17 de outubro de 2013

A GALIÑA E O RAPOSO



Unha vez hai moitos anos, un vello raposo ia camiñando polo bosque, o  verán xa rematara, e o outono principiaba.                             

O raposo tiña moita fame pois xa facia tempo que non se lle poñía diante ningún coello, e o seu bandullo estaba tan baldeiro que parecía que sempre ia cantando. E así andando e andando, e pensando sempre en comer, ia camiñando polo bosque mentras ollaba como as árbores ian perdendo as súas follas, e as froitas non eran xa máis que unha lembranza do pasado.

- Como me lembro de cando era novo-,  cabilaba o raposo,- cantos coellos comín, daquela o bosque estaba cheo de coellos, pero agora con tantas estradas e tanto bosque queimado apenas hai xa caza para un vello coma mín. - En estas estaba o raposo cando viu un castiñeiro.

- Uuuh! ourizos de castañas, polo menos poderei  encher o bandullo, así non terei que soportar este canto que me acompaña todo o camiño.-

Pero  o pobre do raposo non se decatou de que tiña que abrir os ourizos para sacar as castañas, así que cando se decatou xa tiña un ourizo clavado nos fuciños.

- Aaaaay!.  - Berrou o pobre do raposo botandose a correr coma si tivese lume no rabo, e non parou ata que atopou un regato onde mollar o fuciño e calmar a dor.

- Penso que vou morrer de fame, non teño coellos, nin outros pequenos animaís, as árbores xa non dan froitos, e os ourizos picanme os fuciños, xa non sei onde ir a buscar de xantar.-

Nesas cabilacións andaba, cando de súpeto ao erguer a cabeza viu unha casa cun fato de galiñas arredor.

O pobre do raposo quedou pasmo, puso os ollos coma pratos, non podía dar creto ao que estaba a ver.

- Galiñas! Galiñas e máis galiñas .-

O bandullo comenzoulle a trener, a boca estaba chea de cuspe, pero, que facer?. Imposible pasar o regato e lanzarse sobre elas, él xa era moi vello.

Si as galiñas berraban saldrían os cans, e logo o home con un deses paus furados que botan lume. Non non. Non  habia nada que facer.

Nestas estaba o pobre do raposo, cando unha das galiñas despistouse e baixou ao regato.

O raposo quedau moi quedo, coma si fose de pedra. A galiña bebeu no arroyo, e logo saltando de pedra en pedra pasou a outra beira.

Que sorte!, nunca na sua vida o raposo tivera tanta sorte. A galiña na súa beira!.

Pouco a pouco a galiña alonxabase do arroyo achegandose as árbores. Entón o raposo  arrastrouse casi pegado ao chan, e pouquiño a pouco foise achegando a ela.

Mentres tanto o bandullo volvialle a cantar, e a boca a encherse de cuspe.

Cando xa estaba case enriba dela, deu un brinco, coma nos seus mellores tempos de mozo, e ...Zas!, caeu sobre a pobre da galiña que decatouse tarde do que se viña enriba.

O raposo a querer agarrar, e a galiña a querer escapar.....e todos a berrar, o caso foi que as plumas do lombo da galiña quedaron na man do raposo, pero o corpo e o resto das plumas puideron saltar enriba dun castiñeiro e poñerse a salvo.Uf!, a galiña xa respiraba, pero o raposo terriblemente enfadado puxose a dar brincos para poder subir a árbore e continuar a caceria, pero xa estaba moi vello e foille imposible.

Pero nin así estaba disposto a perder tan suculento xantar, polo que dicidiu usar metodos máis sutís.

Ollou para as suas patas e vendo que as tiña cheas de plumas dixolle con voz forte:

GALIÑAAAAA!

GALIÑA, VEN POLA ROUPA!

Pero a galiña que se veia a salvo do raposo contestoulle:

O corpo esta aqui, Dios me ha de dar outra.

Asi que o pobre do raposo moi tristeiro e co bandullo baldeiro, tivo que dar a volta e contentarse con ulir as plumas da galiña

Ningún comentario:

Publicar un comentario