xoves, 17 de outubro de 2013

O CAN DOS MADRILEÑOS



Nunha pequena aldea da nosa Galicia, vivía un vello moi vello chamado Pedro. Pedro tiña dous fillos que xa eran mozos, que  traballaban nunha das grandes vilas e xa estaban casados. Cada un deles tiña dous fillos, polo tanto Pedro tiña catro netos.

A muller de Pedro morrera facía algúns anos, así que o pobre do vello vivía só, ou mellor dito case que só, xa que tiña un amigo que vivía con él.

Seu amigo era un can,  un can negro e de pelo ben lustroso. Era de tamaño medio duns oito quilos, e de esa raza tan coñecida en Galicia, chamada raza “palleira”, pero, eso si,  listo, moi listo, tan listo que  sempre se decataba dos desexos do pobre de Pedro e o acompañaba nos seus paseos, nunca se separaba del, e temos que decir que case que entendía todas as reflexións que o seu amo lle facía en voz alta.

Polas festas de Nadal, os fillos de Pedro adoitaban  visitalo un día. Viñan todos, é decir os dous, acompañados polas súas mulleres e os seús fillos, ou sexa os netos de Pedro.

Non estaban máis cun día, que tamén aproveitaban para visitar a os vellos amigos e poñer unhas flores na tumba da súa nai.

Ese Nadal unha das noras tivo unha grande idea.

- Teu pai non pode estar só, así esta moí mal atendido, o mellor e metelo nun asilo, ou nun xeriatrico como se dí agora.

A idea non lle fixo ningunha gracia a Pedro que non queria saír de súa casa nin deixar a o único e verdadeiro amigo que tiña,  seu can.

Cando chegaba o verán os fillos noras e netos pasaban tres ou catro días co vello. Dias  que aproveitaban para baixar a praia e disfrutar duns días de lecer. Eses eran os únicos días  que Pedro podía ver a seus fillos en todo o ano.

Así que como non tiña outros compromisos que atender, Pedro erguiase tarde e deitabase cedo.

Ese ano xa pasara o Nadal e o inverno acababa de rematar, polo que neses primeiros días de primaveira o vello e o seu can adoitaban saír a pasear polas pistas e incluso baixar ata a praia.

A  praia estaba deserta, non había ninguén, a area estaba chea de algas porque ata que comenzara a temporada de baño o concello non mandaría  limpala.

Pedro sentabase nas rochas a ver coma as ondas do mar batían contra elas e poñiase a cavilar sobre a súa vida e falando tamén en alto, mentres o seu can estaba a carón del escoitando atentamente coma se o entendese.

Cando o sol empezaba a caer, o vello e o can daban a volta cara a súa casa, logo prendían a cociña para quecerse eles e máis a cea, e despoís de ver un anaco de tempo a televisión ianse a deitar.

Pero non  pensedes  que se deitaban xuntos, non, non,  o vello na súa cama, e o can na alfombra que tiña a os pes da cama.

Unha mañan Pedro non se ergueu da cama, coma xa era tarde o seu can comenzou a ladrar para espertalo,  pero parecía que non lle facía caso. Logo tiroulle da roupa da cama, pero nin así.

Os ladridos do can alertaron a os vecinos, e varios deles entraron na casa vendo con sorpresa que Pedro xa non era deste mundo.

Chamaron a os fillos, fixeronlle un velatorio. Ao día seguinte toda a aldea acompañouno ata a igrexia. O can tamén quería ir, pero duas patadas no lombo sacaronlle a idea.

Cando rematou o funeral os fillos voltaron a casa a repartirse as pertenzas do vello, e dende logo non consideraron que o can fose parte da herdanza, polo que foi violentamente desaloxado. Esa  foi a primeira noite da súa vida que o can pasou debaixo das estrelas.

A primaveira estaba a rematar, e o verán xa estaba chamando a porta,  os días eran máis longos, e as noites máis curtas, e sobre todo empezaba a facer calor.

O can pasaba de casa en casa a mendigar un pouco de comida que lle botaban os vecinos da aldea, e algo de cariño,  pero ninguén estaba disposto a quedarse con él.

Un día baixou a praia, como soía facer con Pedro cando o tempo o permitia. Agora a praia estaba diferente, estaba limpa, as areas tiñan un color amarelo clariño, e ata a auga do mar estaba máis  azul.

O can sentouse nunha rocha, case que na mesma rocha onde , o soia facer sempre o seu amo, a ollar para o mar, e a soñar, claro que con soños de can. Pensaba onde estaría Pedro, e se estaría a lembrarse del.

A praia agora tiña moita xente, xa non estaba baleira. De súpeto a súa beira apareceron dous nenos.

- Mira Anxo que can mái bonito, e parece que esta só.

O can decatouse que estaban a falar del e paseniñamente, movendo o seu rabo, achegouse a os nenos. Anxo fisolle unha caricia.

- Fixate Tareixa que mansiño é.

- Sí,  -respostoulle a súa irmá-, e que bonito é.

- ¿Como se chamará? -, dixo Anxo.

- Penso que él non  nós  vai a decilo -, respostou Tareixa.

- Entón vamos a poñerlle nome.

- Morito, Morito -, berrou a nena-. Ti non ves que é negro, pois ese é o nome máis axeitado,  Morito.

- Esta ben, imos a chamarlle Morito.

- Morito ven con nosco -, dixeron os nenos a coro, e o can foi detrás deles, moi ledo, movendo o seu rabo.

- Ves xa se decatou que estamos a falar del.

Os nenos e o can puxeronse a xogar toda a tarde. Cando chegou a hora da merenda, os nenos foron a area en procura dos seus pais a coller os bocadillos e as bebidas.

- Papá, mamá, mirade que can tan bonito atopamos, e parece que esta só.

- Pusemoslle Morito e ven conosco a todas partes.

A os pais fillose gracia o can e tamén lle diron a merenda a él.

Despois de merendar voltaron a xogar  as rochas. Colleron cangrexos, camaróns  e bañaronse no mar. O can seguiaos a todas partes.

Os  nenos disfrutaban co can, e o can cos nenos.

Desde que morrera Pedro ninguén lle fixera  ningún caso, e agora por fín xa tiña amigos  novos con quen compartir a súa vida.

Anxo e Tareixa eran dous nenos de Madrid que veraneaban en Galicia dende facía moito tempo. Eles xa tiñan un can no piso onde vivian, pero nunca o  traian de veraneo e adoitaban deixalo mentres tanto nunha residencia para mascotas.

Cando chegou a hora de marchar para casa dixeronlle a o can:

- Morito, agora imos a casa, pero mañan cedo voltaremos, así que queremos que esteas conosco.

O can pareceu entender, así que pasou a noite baixo das estrelas xustamente no sitio onde os pais tiñan o parasol.

A mañan seguinte cando a familia chegou a praia atoparon a o can gardandolle o sitio, xa que si alguen pretendía  poñer o seu parasol alí, Morito poñiase a ladrar coma un tolo.

E así un día e outro foise pasando o mes de veraneo. Os nenos estaban moi ledos con seu amigo, e o can pensaba que despois da morte de Pedro xa volvía  a ter familia.

Un día os rapaces plantexaronlle a seus pais a posibilidade de levar o can a Madrid con eles.

A seus pais non lle pareceu mal a idea, xa que eles tamen querían a o can,  pero logo puxeronse a cavilar entre eles.

- Nós xa temos can, vivimos nun piso pequeno, e que pasaría si os cans se levasen mal?.

- Por outra banda Morito non esta afeito a vivir nun piso, pode enchelo de excremento, e eso non vou toleralo- , dixo a nai.

- Tes razón, ademaís pode ter dono na aldea, ainda que non se preocupen del, e si tentamos de levalo podennos chamar a atención.-

Os pais decidiron non comentar nada con seus fillos ata que remataran as vacacións, e así pasaron os días cheos de ledicia para os nenos e o can.

Anxo e Tareixa  mercaron un saco de pienso para cans que tiñan no maleteiro do coche, e do que todolos días sacaban unha boa ración para que Morito xantase.

Cando as vacacións remataban os pais fixeron cavilar a os nenos sobre o futuro do can, polo que decidiron non despedirse do can para que non sufrira.

Os nenos marchaban ca esperanza de que o próximo verán volverían a atopalo outra vez na area da praia.

Un  bo día despois de sair da praia desapareceron para sempre.

Ao seguinte día, Morito esperou sen éxito a seus amigos reservandolle o posto para que poideran clavar o seu parasol.

Durante todo o día non se moveu do sitio, nin siquera para xantar ou beber.

Ao día seguinte un pouco preocupado ergueuse da area para pasear pola praia e polo aparcamento pensando que os seus amigos se despitaran do sitio de sempre e foran eles os que cambiaran de sitio, xa que na mente dos cans non cabe o abandono, senon o extravío ou perda xa que eles nunca abandonan a seus amigos.

Pasaron un e outro día e xa case que ninguen baixaba a praia. O verán rematara e o outono principiaba.

Chegaron as primeiras choivas, e os primeiros frios, pero o can todo mollado e morto de fame seguia a reservar o seu posto na area a sua nova familia.

E  así ata que un día ollando para a entrada do camiño, esperando por Anxo e Tareixa morreu de soedade, xa que os cans a diferencia dos homes non poden vivir sen corazón, e o corazón de Morito tiña unha metade na tumba de Pedro, e a outra metade estaba cos nenos de Madrid.

Ningún comentario:

Publicar un comentario