xoves, 17 de outubro de 2013

O CORVO E A POMBIÑA


Nun país moi lonxano habitaba unha familia de corvos: papá corvo, mamá corva e os seus filliños corviños.

A familia era moi feliz, todolos dias papa corvo e mama corva saian en procura de alimentos  para os seus filliños, e sempre conseguian moitos grans de millo, asi os seus filliños os corviños, crecian grandes e fortes como papa corvo.

Despois de xantar, a familia enteira saia a pasear polos campos e prados para ensinarlle a os corviños os perigos que lles podian acechar, como os “espantallos”, pero sobre todo outro tipo de animaís moi perigosos a os que non se debian de achegar cando andiveran sós polos campos.

O maior perigo  , decia papa corvo,   é un animal grande que anda a duas patas, chamase “home”, tedes que ter moito coidado con él .

Entón dixo o corviño máis pequeno - os homes voan, papá? –, non corviño, - contestoulle o seu pai, - non voán, pero tedes que ter moito coidado con él, sobre todo si vedes que leva un pau na man, ese pau podevos facer moito mal. 

-¿Pode tirarnos o pau e darnos con él na cachola?,  non corviño, dixo esta vez o papá, non é o que pensas, os homes teñen paus furados que votan lume e fan moito mal, porque o que botan si que voa. 

¿Logo non podemos achegarnos ao home?, volveu a falar o corviño. Non, repetiulle o papa, nunca vos achegedes ao home nin vos fiedes del.- E así falando e falando chegou a noite e voltaron para a seu niño.

A familia era moi feliz, ata que un día en que papá corvo e mamá corva sairon de casa para ir polos campos buscando grans de millo, oiose de lonxe un gran ruido, -Hai tormenta- dixeron os corviños que estaban no niño, pero o ceo estaba azul, e non habia nubes no horizonte, polo que o corviño máis pequeno empezou a pensar no que lle dixeran os seus pais sobre o home, e os seus paus furados que botan lume.

Pouco tempo despois apareceu no horizonte voando só papá corvo, mentras mamá corva quedaba tirada a os pés dun espantallo mentras o home do pau furado voltaba para a súa casa.

Pasaron os dias, e pasaron as semáns, papá corvo estaba cada dia máis tristeiro, non saia do seu niño, e os corviños non tiñan nada que comer.

Temos fame papá - dixeronlle un dia os corviños - levamos xa tres dias sen nada que xantar e temos moita fame, coma somos pequenos non sabemos ir a buscar grans de millo, si ti non vas morreremos de fame-, os corviños non paraban de chorar, e así  pasaron os días  e as noites, as noites e oas días, ata que un dia papá corvo decidiu saír  a buscar comida para que os seus fillos non morreran de fame.

Así  que collendo un zurrón para meter os gráns de millo, papá  corvo foise só e tristeiro polos campos en busca de alimentos.

E así, andado e andando polos campos atopou unha fermosa pomba blanca que estaba a recoller gráns de millo, e nada máis vela quedou prendado da súa fermosura.

Pombiña, pombiña – dixo o corvo, - para que colles tantos grans de millo?

Para mín, e para quen o precise – respondeu a pombiña.

Pois penso que eu son o animal que máis o precisa -, dixo con voz tristeira o corvo. – verás pombiña – continuou o corvo, - a miña muller morreu por culpa dun home cun pau furado botoulle lume mentras collía grans de millo para alimentar a os seus filliños a beira do espantallo, e agora non teño quen me axude a alimentar a os meus corviños, querrias tí axudarme?.

Pois claro señor corvo, entre os dous alimentaremos a os teus filliños os corviños.-

E así,  todos felices e contentos voaron ata a casa do señor corvo cargados de comida. Cando chegaron os corviños puxeronse moi ledos e fartaronse todos de comer, ata o máis pequeno colleu un empacho de tantos gráns que comeu.

Un dia e outro, a pombiña rebentaba coa ledicia de poder facer ben a quen o precisaba, xa que o que máis lle gustaba neste mundo era axudar a os demaís.

A  pombiña seguiu a levar comida, a limpar no niño dos corvos, traballando arreo, e ainda máis, mentras traballaba iba cantando para compartir a súa ledicia cos demáis.

Os animaís que pasaban polo bosque e vian como traballaba a pombiña dician: - que sorte ten señor corvo de que esa fermosa pombiña coide da súa familia - , pero o corvo respostaba – é o que lle gusta facer a ela, así que non debe ser tanto traballo.

A pombiña que estaba a escoitar non lle gustou nada esta resposta, pero ainda e todo seguiu a traballar arreo para que a casa dos corviños estivera sempre limpa e non lle faltara sustento a os máis pequenos.

Comenzaron a pasar os días e as noites, as noites e os días, ata que se decatou de que o señor corvo non facía nada, pero nada de nada, e nin siquera tiña unha palabra amable para ela.

Asi que...........un bo dia pola maña dixo:  señor corvo, eu vexo que ti non fas nada no niño mentras eu teño que facelo todo, o niño esta limpo e ben limpo, e os corviños teñan a despensa chea de grao,  penso que xa chegou o momento de marchar para poder axudar a outros animaís.

Ao señor corvo non lle gustou nada oir isto, e poñendo os ollos vermellos, e coa cara fera de buitre botouse enriba da pobre da pombiña e atouna por unha pata ao niño para que non poidese escapar.- - daqui non te moverás nunca-, dixolle con cara fera, -!NUNCA!, e as de traballar para min e para os meus fillos, ou non era iso o que dicias que che gustaba facer, eh!- dixo o corvo berrando tan forte que en todo o bosque fixose un silencio tan grande como cando na selva aparece o león que ven de caza.

Presa para sempre-, pensaba a pobre da pombiña, - e todo por querer facer ben a quen mo pedía e non o merecía.-

A pobre da pombiña pusoxe a chorar e chorar, pero as súas bagoas non foron capaces de ablandar o corazón do malvado corvo.

Entre todos os animaís do bosque correu a triste noticia, e moitos se achegaban para ver engaiolada a pobre pombiña.

Pobre pombiña-, decian todos, -tan boa e tan fermosa, nunca lle fixo mal a ninguén, e mira agora por facer ben recibe mal.-

Pero entre os animaís que miraban estaba o miñato, que con seu ollo de bo cazador estaba voando sobre o niño dos corvos e decatandose de todo o que ali pasaba.

O miñato non era precisamente amigo de pombas nin de pombiñas, pero era un animal noble e de bo corazón, e él como páxaro libre que era, non lle gustaba ver a outro paxaro engaiolado, e menos por culpa de un malvado  que so quería aproveitarse dela, así que cabilando e cabilando tramou un plan.

Preto de onde vivían os corvos habitaba unha familia de ratos, polo que esa noite o miñato foi falar con eles.

Señor rato. – dixo o miñato. – veño a facer un trato contigo-. O rato ao oir ao miñato que lles falaba, escapou correndo e pechou a porta da súa casa.

Señor rato-, volveu a insistir o miñato, - veño en son de paz, quero facer un trato contigo, e penso que vaiche ser ben beneficioso-, o pobre do rato morto de medo saiu da súa casa e tremendo dixo: que trato quere facer vostede que non sexa o de comerme a min e a toda a miña familia.

Pois verás-, dixo o miñato, deso vouche falar, nunca maís vas a ter medo de min nin ti nin a tua familia, si me axudas nun plan que teño para ceibar a pobre da pombiña da súa gaiola.

Supoño que xa saberás o mal que lle esta a facer o corvo a pombiña, pois ben, eu non poido consentir que se lle devolva mal por ben, asi que teño un plan para ceibala, pero claro necesito a tua axuda, e a da túa familia. Se me axudades desta empresa ou prometo non molestarvos nunca máis, e  poderedes vivir tranquilos e non volver a ter medo de min.

Acepto – dixo o rato no momento.

O rato non so estaba a pensar nel e na súa familia, tamén estaba a pensar na pobre da pombiña, pois tanto a él coma a todos os animaís do bosque daballes moita pena. O rato prestou moita atención a o plan que lle contaba o miñato.

A o día  seguinte, pola maña cedo, cando o sol comenzaba a despertarse despoís dunha longa noite, e a lúa retirabase a descansar, o miñato que ese día erguerase moi cedo, comenzou a voar en circulo arredor do niño dos corvos dando uns temibles berros.

O corvo, os corviños e a pomba despertaronse asustados.

Cada vez o miñato berraba máis forte e voaba máis baixo, e os corvos e a pomba cada ver estaban máis e máis asustados, de tal xeito que papa corvo dixo: corviños vamonos voando, ese miñato volveuse tolo e vainos tirar co niño, deixade a tonta da pomba para que a coma o miñato e nos fuxamos en busca doutro niño.

E así  o fixeron, sairon voando tan rápido como lles daban a dúas ás deixando só o niño, e dentro del a pobre da pombiña tremendo de medo porque xa se veia morrer.

Tan pronto coma o miñato viu que os corvos abandonaban o niño empuxouno suavemente ata deixalo no chan, entonces apareceron a familia de ratos que se puxeron a roer na corda ata liberar a pobre da pombiña, mentras tanto o miñato estaba a carón dela sorindo.

Cando a pombiña se viu ceibada non o podia crer. – graciñas señor Miñato- Dixo a pombiña con algo de medo.

Xa eres libre pombiña, dixo o miñato, sempre lle fixetes ben a todos os animaís que precisaban da tua axuda, as almas nobles coma a túa non poden estar engaioladas a forza, porque ti devolviches ben pola mal que che facian, así que a partires de agora só quero que voes libre pombiña, vamos xuntos a disfrutar do noso bosque.

E así, entre os aplusos de todolos animaís do bosque que se habian xuntado para ver a liberación da pombiña, sairon voando a pombiña e o miñato xuntos e libres para sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario