Nunha pequena vila de Galicia había uns homes que sempre presumian de ser os máis valentes de toda a bisbarra.
- Eu matei unha vez dous lobos dun só tiro.-
Decia un.
-Pois eu matei catro osos cun pau.-
Decia outro.
E así todos contaban as súas historias tan
disparatadas que ninguen era capaz de creelas, pero
eles disfrutaban moitisimo cos seus contos que ninguén creia.
E asi pasaban as
tardes enteiras falando e falando en vez de ir a procurarse un xornal con que
manter as súas familias.
Un día xuntouse,
a todo ese grupo, un home descoñecido pero que tamén sabía contar
historias.
Despois de oir as historias dos outros, e
cando xa coemenzaba a caer a tarde dixo: “Eu tamén sei unha historia”.
Todos quedaron calados esperando oir unha historia nova, xa que estaban un pouco aburridos de oir sempre as mesmas, e unha boa historia nova darialles para falar moitas tardes, deste xeito terian disculpa para seguir sen traballar.
Todos quedaron calados esperando oir unha historia nova, xa que estaban un pouco aburridos de oir sempre as mesmas, e unha boa historia nova darialles para falar moitas tardes, deste xeito terian disculpa para seguir sen traballar.
O home continuou
falando:
A historia que eu sei non é un conto coma os
que vos contades, senón unha historia de verdade, e tamén e certo que
algúns dos que estades eiqui a falar e escoitar tamén a conocedes, porque ademaís o
protagonista esta entre vos.
O silencio
fixose máis grande, e ata algún puxose a tremer, entón o home descoñecido
comezou a falar:
Fai algún tempo,
nunha fria noite do mes de San Martiño, un home que rematara a seu
traballo voltaba para a súa casa.
Coma era sábado
e o domingo non se traballaba o home non tiña presa, polo que camiñaba a
xeito e cada vez que se atopaba con algún coñecido poñianse a parolar:
“Que tal che vai a vida?. “Que me contas da tua familia?”. “Como levas o
traballo?”.
Total que o tempo
ia pasando e cada vez era máis noite, e asi pouco a pouco foi deixando atrás a
vila e foise metendo nas estreitas corredoiras do monte, camiño da súa
casa, por onde xa non se veia nada, e a única luz que tiña era a do luar.
O frio daballe
na cara, e o vento movía as árbores facendo deses silbidos que parecía que
alguén ia cantando, ou que alguén ia chorando, pero sempre a súa beira.
De repente
parouse e cabilou: empezo a sentir medo, e si aparece un lobo, ou dous, ou.......
O home xa non sabía que facer.
Se non me parase a parolar con tanta xente agora non seria tan de noite.
A noite estaba
moi fria, pero o home non o sentía porque sin que nada pasara xa estaba morto
de medo, e iso que él só matará un lobo nunha fria noite de inverno, claro
que iso estaba no seu maxín, e agora ao
estar no medio do bosque de noite
faciao sentir medo.
Andando e
andando, cada vez máis de presa chegou a un claro no bosque, ali sentiu o vento
cada vez máis forte.
Parecian mil
voces que o chamaban, parecian mil voces que cantaban, parecian mil........, de
supeto quedou prendido polas costas. Que medo!, o pobre do home xa non tiña nin
fala, a lingua quedaralle trabada. –quedei mudo-, cavilaba o home, -quedei
invalido-, seguia a cavilar, o home semellaba unha estatua, parecía que se
convirtira en pedra.
Cando foi
pasando o tempo e foise calmando, comenzou a falar e tentar de convencer a
forza que o prendía para que o soltara.
“Eu son home de
paz, teño muller e catro fillos que manter, ademaís son pobre e non levo
cartos no peto, o xornal e pequeno e gastase pronto, asi que se non che importa
soltame que vou para casa, e se me retraso a miña muller e os meus fillos
vanse preocupar por min e van sair a buscarme con todos os veciños da parroquia”.
Pero aquela
forza que o suxeitaba non o soltaba, e él
volveu a oir aquelas mil voces que o
chamaban, aquelas mil voces que cantaban, aquelas mil voces que..............
Nada, nada, e
nada aquelas forzas que o suxeitaban non o soltaban, non había forma de
convencelos, mentres a noite ibase retirando e o día iba nacendo, xa non se sabía o
tempo que levaba preso, pero iso xa non lle importaba, o que lle importaba ia
pasar logo.
“Vanme roubar,
vanme esfolar coma a unha galiña”
Aquel home que
contara a todos que él só matara a un lobo nunha fria noite de inverno, e que
todos lle creeran, estaba morto de medo.
Que pensarán os
meus compadres se me ven-, pensou para si, -que vergoña-.
Cantos homes
serán os que me teñen pillado?. Serán
tres, catro...........-, en todo caso deben de
ser moitos, porque fan moita forza.
Pouco a pouco a
noite foise retirando, e o día comenzou a clarexar, xa se podía ver con certa
claridade o lugar onde se atopaba.
Un claro do
bosque rodeado de carballos e piñeiros. Xa non facía vento. O vento forase a
durmir, levandose con él as mil voces, os mil cantantes, e os mil...........
Pouco a pouco o
home decidiu da la volta para ver cantos homes eran os que o prendían.
Paseniñamente comenzou
a xirar con moita calma, lento, moi lento, lentisimo, ata
que por fin.......Horror!
Estaba prendido
nunha silveira, asi que sacando a navalla que sempre levaba no seu peto, por
se atopaba un lobo, ou un oso, ou algún dos monstruos do seu maxín, cortou a
silva que o prendía e dixo con voz forte.
SI FOSES UN HOME
FACIACHE ASI! ZAS!.
E cortando a pola da silveira seguiu
camiñando moi fachendoso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario